Logotipo Asociació Feiral Semana Verde

A Asociación Feiral Semana Verde de Galicia nace froito dunha conciencia colectiva en torno á necesidade de por en valor o medio rural en toda a súa dimensión económica, cultural e social. Este sentir colectivo materializase en Silleda por ser o concello galego que iniciou e mantivo ininterrompidamente un certame en torno ao mundo rural, abarcando desde o modo de produción gandeiro e agrario, ata outros sectores como a artesanía, a maquinaria, o turismo ou o patrimonio natural.

Co nome de Semana Verde iniciouse un marco expositivo, de negocio, debate e pensamento que foi medrando e ampliando o seu marco xeográfico de participación ata acadar o recoñecemento internacional. Foi a partir desta nova dimensión, cando as institucións comezaron a prestarlle máis atención a este  certame propiciando a creación dunha Fundación para a súa xestión, a diversificación dun certame inicial en todo un programa expositivo ao longo do ano e a construción do actual recinto feiral. Coa axuda de diversas institucións, a Asociación Feiral Semana Verde de Galicia foi a entidade que xestou, impulsou e acadou estes avances indiscutibles.

A día de hoxe, a Asociación Feiral Semana Verde de Galicia representa a un importante número de socias e socios que acreditan na propia Semana Verde como centro de referencia do medio rural, tanto a nivel produtivo, co sector agro-gandeiro-forestal como núcleo forte, como desde o punto de vista da promoción do noso patrimonio turístico, etnográfico, cultural e natural. Somos un colectivo formado por persoas que seguimos acreditando na necesidade de preservar, valorizar e difundir os valores dunha forma de vida e de identidade, e do patrimonio que esta representa na nosa vida actual.

Vantaxes de socios

 

  • Nos eventos organizados pola Fundación Semana Verde, teñen entrada de balde nas feiras e o 50% de desconto noutros eventos. Os organizados por empresas externas negóciase en casa caso.
  • Desconto nas entradas en Museos, neste momento temos convenio con:
  • Museo do Campo e a Mecanización en Silleda; 2€ en vez de 4.
  • Museo Casa do Patrón, en Codeseda-Lalín, 50%.
  • Museo Vivente do Mel, O Enredo do Abelleiro en Portodemouros- Arzúa, 50%.
  • Museo do Ferrocarril, en Monforte, 50%.
  • Envío de boletíns por correo postal (dous cada ano), así como calquera outra información de interese.
  • Compra de produtos da tenda delicatessen a prezos especiais
  • En caso de ser produtor ou comercializador, divulgación e promoción dos produtos de cercanía en tódolos nosos medios.
  • Dispoñibilidade para ceder desbrozadoras e motoserras, cedidas pola Xunta, a particulares para a prevención de incendios

ASÓCIATE

Podes asociarte como socio de número ou como socio empresario, descarga o formulario que corresponda nos enlaces de aquí abaixo!

E fainolo chegar para facerte socio!