Alfredo Abeledo Penas
Quizais non exista no mundo un museo dedicado aos tractores Barreiros (hai 16) con todo que significou para Galicia e toda Europa. Desde logo calquera que visite o Museo do Campo de da Mecanización en Silleda, único do seu xénero en España, foi inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, o 19 de outubro do ano 2019, fixo hai pouco 5 anos, e quen vaia a el, terá por seguro que estará diante dunha das coleccións destes tractores máis importantes das existentes ata este momento en todo o mundo.
Eduardo Barreiros González naceu en Gundiás, (parroquia de San Miguel do Campo, Ourense) o 19 de outubro de 1919. O museo, Eduardo Barreiros, de clase humilde e sen estudos, sempre levou no seu corazón a Galicia como logo o veu demostrando ao longo da súa vida e como bo galego é conveniente reflectir, nun breve resumo, o seu percorrer polo mundo, porque a emigración sempre nos acompañará, haxa ou non xente que nos reciba. Casou con María Dorinda Ramos, ano 1946, e tivo dous fillos, unha muller, Mariluz, e un home, Eduardo Javier.

Sempre amosou unha grande habilidade para a mecánica. traballando co seu pai nos seus inicios. Foi durante a Guerra Civil cando se dedicou a reparar vehículos o que marcou o principio da súa paixón polos motores e a enxeñaría.
Na década dos 40 do pasado século comezou a destacarse ao tranformar os motores de gasolina en motores diésel, detalle este importante pola escaseza de combustible que padecía España nesta época. O primeiro taller foi posto en Ourense, no ano 1949. Estaba no barrio do Couto e chamábase Talleres Barreiros.
Logo, en Madrid e no ano 1952, fundou Barreiros Diésel S.A. empresa que pronto se chegou a converter nun referente de fabricaciòn de motores diésel para vehículos pesados. Máis tarde camións, autobuses e maquinaria agrícola como a que podemos ver no Museo do Campo e da Mecanización. Logo, como veremos, tamén automóbiles.
Foi en Madrid onde comezou a consolidar cos irmáns o seu proxecto Industrial para satisfacer a demanda do mercado español. Ásí acabou facendo as naves de Villaverde, poboación moi perto de Madrid, (nos primeiros anos o taller estaba nunha zona de Usera onde levou a cabo as primeiras conversións de motores.), cunha contratación de 25.000 traballadores directos, sendo esta nave unha das máis modernas da època.
No ano 1960 inicia a fabricación coa firma alemana Hanomag fundando Hanomag-Barreiros S.A. Comeza a exportación de vehículos industrais a Portugal, África e América.
A un tempo fabrica os tractores propios coa marca Barreiros cuxo primeiro tractor se pode ver no museo, o cal cambia de cor e non é vermello, senón verde brillante e só figura o H da empresa alemana como paso previo ao vehículo totalmente feito baixo a marca Barreiros, tal e se mostra na foto. No ano 1965 xa se produce o cambio á cor Vermella posterior.
En 1963 asina un acordo coa empresa Multinacional Chrysler a quen lle vende o 40% das accións comezando no ano 1966 a fabricar os automóbiles Dodge Dart e Simca 1000 e 1200, mais por non saber estar á altura das circunstancias en asuntos finaceiros, Barreiros dimite como Presidente da empresa e asina outro acordo coa Chrysler, no ano 1967 vendéndolle o 77% das accións que tiña, sendo obligado a estar un lustro en inactividade forzosa na industria do motor, polo que queda cunha participación minoritaria de accións. No ano 1970 a sociedade Barreiros Diesel pasa a denominarse Chrysler- España.
Transcorreron xa moitos anos desde a intodución do primeiro tractor Barreiros ata a súa desaparición Neste tempo, a agricultura converteuse nun sector eficiente e competitivo.” Unha gran parte desta transformación foi debida ao “xenio Barreiros”, en palabras de Manolo Iglesias, director actual do museo e propietario de case todos os tractores desta sala. Aínda hoxe os tractores continúan traballando activamente nas tarefas agrícolas, sendo moi apreciados polos seus propietarios.
