A Fundación Roberto Rivas en 2024: impulso ao emprendemento rural, á innovación e á sostibilidade

Fundación Roberto Rivas

Dende a Fundación Roberto Rivas seguése  mantendo un compromiso firme co desenvolvemento sostible das áreas rurais de Galicia, co obxectivo de combater a despoboación nas comarcas rurais do interior de Galicia.

No seu labor, destácase o apoio ao emprendemento social e innovador e, coma proba disto, este ano supuxeron un avance importante nesta misión, unha serie de accións que marcaron a diferenza na xeración e o apoio á creación de oportunidades económicas e sociais para o fortalecemento das comunidades rurais.

Póñense de relevo dúas acción especialmente importantes como son a colaboración co Concello de Silleda para mellorar o desenvolvemento económico e social da zona e a organización do I Foro de Emprendemento Rural.

Representantes de ambas entidades asinando o convenio
Representantes de ambas entidades asinando o convenio

O poder de traballar en equipo

Un dos grandes logros da Fundación en 2024  foi a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Silleda, cun obxectivo común: promover o desenvolvemento económico e social da zona. Este acordo, que terá unha vixencia de catro anos, contempla varias accións chave para mellorar a calidade de vida dos habitantes de Silleda e fomentar a creación de novas empresas.

A Fundación Roberto Rivas comprométese co Concello de Silleda para sumar forzas co obxectivo de mellorar espazos públicos e á promoción dunha mobilidade sostible, chaves para avanzar na implantación da Axenda 2030.

Entre as actuacións concretas, desenvolvidas durante este ano 2024 exemplos do traballo conxunto entre o Concello silledense e a Fundación para crear un modelo de desenvolvemento baseado na sostibilidade e na innovación, destacan:

  • Ampliación do sistema de iluminación na contorna do santuario da Saleta e da igrexa parroquial de Ansemil, espazos históricos e patrimonio cultural vinculados á figura de Roberto Rivas. A iluminación mellorarase utilizando farois retirados do casco urbano, con iluminación led, promovendo a economía circular e a eficiencia enerxética.
  • Dinamización do Viveiro de Empresas Área 33: poñendo en marcha un programa orientado ao fomento do emprendemento rural e á creación de novas empresas, a través do Viveiro Municipal de Empresas. A Fundación Roberto Rivas achega recursos técnicos e persoais para dinamizar este espazo, polo que se fai extensivo o convite para coñecer as vantaxes que ofrece a todos aqueles que poidan estar interesados en instalar a súa iniciativa.
  • Colaboración no fomento da mobilidade sostible e mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Premios Emprendemento Rural Innovador
Premios Emprendemento Rural Innovador

Acción local para un impacto global

En paralelo, neste 2024, na Fundación Roberto Rivas traballou na organización  do

I Foro de Emprendemento Rural, converténdose no punto de encontro do Emprendemento rural innovador de ámbito estatal. Celebrado co apoio do programa Next Generation EU e o Ministerio de Industria e Turismo a través da EOI, o Foro reuniu a emprendedores, entidades públicas e privadas, así como a actores chave do ecosistema rural. Este evento proporcionou un espazo de información, reflexión e formación, e destacou Galicia como un referente en innovación rural.

Entre as actividades destacadas do Foro estivo a entrega dos Premios ao Emprego Rural Innovador 2024, que recoñeceu as mellores iniciativas en termos de innovación, sostenibilidade e impacto social nas zonas rurais.

Propósitos de ano novo

 “Seguimos a traballar en promover o emprendemento rural, a sostibilidade, a inclusión social, a educación e fomación en torno á cultura emprendedora, a interconexión e a revitalización das comarcas rurais, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas e das comunidades locais, fomentando un desenvolvemento integral, equitativo e sostible” afirma Olga Rivas, Directora da Fundación.

Deixa unha resposta