Os tractores Barreiros do Museo do Campo e da Mecanización de Silleda  

Alfredo Abeledo Penas

Quizais non exista no mundo un museo dedicado aos tractores Barreiros (hai 16)  con todo que significou para Galicia e toda Europa. Desde logo calquera que visite o Museo do Campo de da Mecanización en Silleda, único do seu xénero  en España, foi inaugurado polo   presidente da Xunta de Galicia, o 19 de outubro do ano 2019, fixo hai pouco 5 anos, e quen vaia a el, terá por seguro que estará diante dunha   das coleccións destes tractores  máis importantes   das existentes ata este momento en todo o mundo.

Eduardo Barreiros González naceu en Gundiás, (parroquia de San Miguel do Campo, Ourense) o 19 de outubro de 1919. O museo,  Eduardo Barreiros, de clase humilde  e sen estudos, sempre levou no seu corazón a Galicia como logo o veu demostrando ao longo da súa vida e como bo galego é conveniente reflectir, nun breve resumo,  o seu percorrer polo mundo, porque a emigración sempre nos acompañará, haxa ou non xente que nos reciba. Casou   con María Dorinda Ramos, ano 1946, e tivo dous fillos, unha muller, Mariluz, e un home, Eduardo Javier.

Sala de Barreiros (Daniel G. Alén)
Sala de Barreiros (Daniel G. Alén)

Sempre amosou unha grande habilidade para a mecánica. traballando co seu pai nos seus inicios. Foi  durante a Guerra Civil  cando se dedicou a reparar vehículos  o que marcou o principio da súa paixón polos motores e a enxeñaría.

Na década dos 40 do pasado século comezou a destacarse ao tranformar  os motores de gasolina en motores diésel, detalle este importante pola escaseza de combustible que padecía España nesta época. O primeiro taller foi posto en Ourense, no ano 1949. Estaba no  barrio do Couto  e chamábase Talleres Barreiros.

Logo, en Madrid e no ano 1952, fundou Barreiros Diésel S.A. empresa que pronto   se   chegou a converter nun referente de fabricaciòn de motores diésel para vehículos pesados. Máis tarde camións, autobuses e maquinaria agrícola como a que podemos ver no Museo do Campo e da Mecanización. Logo, como veremos, tamén automóbiles.

Foi en Madrid onde comezou a consolidar cos irmáns o seu proxecto Industrial    para satisfacer a demanda do mercado español. Ásí acabou facendo as naves de Villaverde, poboación moi perto de Madrid, (nos primeiros anos  o taller estaba nunha zona de Usera onde levou a cabo as primeiras conversións de motores.), cunha contratación de 25.000 traballadores directos, sendo esta nave unha das máis modernas da època.

No ano 1960 inicia a fabricación  coa firma  alemana Hanomag fundando    Hanomag-Barreiros S.A. Comeza a exportación de vehículos industrais a Portugal, África e América.

A un tempo fabrica os tractores  propios coa marca Barreiros  cuxo primeiro tractor  se pode ver no museo, o cal cambia de cor  e non é vermello, senón verde brillante e  só figura o H da empresa alemana como paso previo ao      vehículo totalmente  feito baixo a marca Barreiros, tal e se mostra na foto. No ano  1965 xa se produce o cambio á  cor Vermella posterior.   

En 1963 asina un acordo coa empresa Multinacional  Chrysler a quen lle vende o 40% das accións  comezando   no ano 1966 a  fabricar os automóbiles Dodge Dart   e Simca 1000 e 1200, mais   por non saber estar á  altura das circunstancias en asuntos finaceiros, Barreiros dimite como Presidente da empresa e asina outro acordo coa Chrysler, no ano 1967 vendéndolle o 77% das accións que tiña, sendo obligado  a estar    un lustro    en inactividade forzosa na industria do motor, polo que queda cunha  participación   minoritaria de accións. No ano 1970 a sociedade Barreiros Diesel pasa a denominarse Chrysler- España.

Transcorreron xa moitos  anos   desde a intodución do primeiro tractor Barreiros    ata a súa desaparición Neste tempo, a agricultura   converteuse     nun sector eficiente e competitivo.” Unha gran parte  desta transformación foi debida ao xenio Barreiros, en palabras   de Manolo Iglesias, director actual   do museo e propietario   de case todos os tractores desta sala. Aínda hoxe os tractores continúan traballando activamente nas tarefas agrícolas, sendo moi apreciados polos seus propietarios.

Primeiro Barreiros como marca propia.
Primeiro Barreiros como marca propia.

Deixa unha resposta