Logotipo Asociació Feiral Semana Verde

A Asociación Feiral Semana Verde de Galicia nace froito dunha conciencia colectiva en torno á necesidade de por en valor o medio rural en toda a súa dimensión económica, cultural e social. Este sentir colectivo materializase en Silleda por ser o concello galego que iniciou e mantivo ininterrompidamente un certame en torno ao mundo rural, abarcando desde o modo de produción gandeiro e agrario, ata outros sectores como a artesanía, a maquinaria, o turismo ou o patrimonio natural.

Co nome de Semana Verde iniciouse un marco expositivo, de negocio, debate e pensamento que foi medrando e ampliando o seu marco xeográfico de participación ata acadar o recoñecemento internacional. Foi a partir desta nova dimensión, cando as institucións comezaron a prestarlle máis atención a este  certame propiciando a creación dunha Fundación para a súa xestión, a diversificación dun certame inicial en todo un programa expositivo ao longo do ano e a construción do actual recinto feiral. Coa axuda de diversas institucións, a Asociación Feiral Semana Verde de Galicia foi a entidade que xestou, impulsou e acadou estes avances indiscutibles.

A día de hoxe, a Asociación Feiral Semana Verde de Galicia representa a un importante número de socias e socios que acreditan na propia Semana Verde como centro de referencia do medio rural, tanto a nivel produtivo, co sector agro-gandeiro-forestal como núcleo forte, como desde o punto de vista da promoción do noso patrimonio turístico, etnográfico, cultural e natural. Somos un colectivo formado por persoas que seguimos acreditando na necesidade de preservar, valorizar e difundir os valores dunha forma de vida e de identidade, e do patrimonio que esta representa na nosa vida actual.

Xunta directiva

Presidente
– José Luis Rodríguez Barreiro,
Vicepresidente 1º
– Manuel Iglesias Pérez,
Vicepresidenta 2º
– Ana Luisa González Costa,
Secretaria
– Blanca Paz Muiños,
Tesoureiro
– Daniel Carnoto Espiño,
Vogais
– Alfonso Mato Rial,
– Antonio Albino Nercellas Rodríguez,
– José Iglesias Rodríguez,
– Ramón González Italiani,
– Luis Juan Arceo López,
– Lucía Nercellas Torres.

NOVAS